martes, 17 de junio de 2008

Lecturas para o verán.

Somos Yara, Iago e Mauro; alumnos de OCO. Este ano traballamos arreo pero échenos igual xa que nos gusta moito escribir e ler, por iso, ímosvos recomendar uns libros para ler no curto ( moi curto) pero desexado e esperado verán:

jueves, 12 de junio de 2008

As Nosas Lecturas

Decidimos que ao crear un club de lectura facianos falta un espazo na web onde publicar as nosas lecturas e dar a nosa opinión sobre elas.

miércoles, 11 de junio de 2008

Día do libro 2008 en Urueña

Este ano pensamos que estaría ben cambiar de aires para celebrar este día, e así llelo dixemos ás profes. Dito e feito. Inmediatamente pensaron na Vila do libro - Urueña-. Cando nos dixeron o nome non sabiamos onde quedaba, pero agora que sabemos o camiño e coñecemos a vila, aproveitamos para recomendarvos a súa visita. Esta actividade fixémola cos amigos e amigas de 4ºESO do CPI Castro Baxoi de Miño e non vexades o que nos gustou e o que gozamos lendo e conversando.

Abrimos os ollos...


Este curso, naceu o club de lectura "Argalleiros das Letras" e agora empezamos co blog.