jueves, 18 de diciembre de 2008

xa nos tarda!!!

Ola coleguillas do blog!!!
Temos preparado un gran proxecto!! á volta do nadal imos asistir e facer uns talleres de banda deseñada, para realizar, máis tarde, un cómic contando a historia da nosa biblioteca!!
Xa estamos debatindo os que serán algúns/as dos protagonistas. O que xa temos claro, é quen será o personaxe principal. O seu carácter forte dende que aparece por primeira vez na obra, a caracterizará para toda a historia.

Estamos aqui de novo!!

Ola argalleiros!!Uns meses despois volvemos subir neste blog as argalladas dun novo curso. Este ano para escoller os libros que iamos ler, consultamos a listaxe de libros da nosa biblioteca; fomos á biblioteca da nosa vila e percorremos as librerías de As Pontes para ver as novidades...estes son os que nos causaron máis intereses, e os que eleximos: Estás na lúa, A conta atrás, Maus, O único que queda é o amor, Salitre, O cazador de papaventos, La ladrona de libros, Amanecer...