viernes, 18 de diciembre de 2009

Os nosos talleres solidarios

Dende hai nove anos realizamos distintos talleres: coiro, reciclaxe de papel, encadernación, postais, almanaques, ... Este ano continuamos con este labor, a novidade deste ano é a cestería con papel e cartón. Xuntámonos cun grupo de alumnos/as no 2º recreo dos luns, sen eles/ elas isto non sería posible.



miércoles, 9 de diciembre de 2009

A emigración: pasado e actualidade

O tema que me trae aquí é a emigración. Reflexionaremos no club de lectura, sobre a incertidume, o medo, a anguria... que move aos emigrantes.


viernes, 4 de diciembre de 2009

Club de lectura. Shaun Tan: Emigrantes


Hoxe 4 de decembro, no 2º período de lecer, comezamos a nosa andaina no club de lectura. Encontrámonos na biblioteca cunha proposta moi interesante, Emigrantes de Shaun Tan, unha novela gráfica. Entre todos comezamos a construír a nosa propia historia...

Invitámosvos a que veñades á nosa biblioteca o próximo mércores no 1º recreo, dende ese día seguiremos a reunirnos periodicamente.

Contamos con vós!





martes, 24 de noviembre de 2009

Non á violencia de xénero


Día contra a violencia de xénero: 25 de novembro.
Durante a semana do 23 ao 27 de novembro realizamos unha serie de actividades para solidarizarnos coas mulleres maltratadas e mostrar o noso rexeitamento cara estas actitudes tan crueis.

Durante os recreos da semana RADIO RAS achegará información sobre o tema: lectura de poemas compostos polo alumnado de 1ºBAC, manifesto redactado polo curso de 3ºESO, frases relacionadas, selección de música... Na biblioteca proxectaranse vídeos que traten este tema...

Ilustración de Lucía Calvo 3º ESO


Coñecemos a nosa biblioteca xogando

Día das Bibliotecas: 20 de outubro

Na semana do 19 ao 23 de outubro achegamos este espazo aos rapaces e adultos (Módulo 1 e 3 da ESPA) do noso centro. A través dun xogo cooperativo, foron desenvolvendo, en grupo, as súas destrezas como detectives. Investigaron onde se atopaban determinados libros ou información sobre algún contido croncreto (arte, xeografía...)

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Benvida ao curso 2009-2010

Despois de todo este tempo de esquecemento, este blog bota a andar de novo. Tentaremos que sexa do interese de todos e todas.