martes, 3 de mayo de 2011

Día do libro 2011 en Ourense

Este ano o destino levounos ata a cidade de Ourense ( vale, sabemos que tiñamos que ir a Madrid e gozar desas "tapas literarias", pero non puido ser. Outro ano será.) para realizar a actividade do día do libro.
O xoves saímos das Pontes, despois das clases, dirección Miño para recoller os nosos compañeiros de viaxe do CPI Castro Baxoi e comezar esta nova aventura. 


miércoles, 16 de marzo de 2011

viernes, 18 de febrero de 2011

Noite de cine




Despois de ler os libros decidimos facer un maratón de cine, todos os rapaces do club de lectura para ver películas relacionadas cos temas que tratan.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Radio RAS entrevista ao alcalde da vila.



Radio Ras emitiu o programa " Temos algunhas preguntas para vostede" e contou coa presenza de Valentín González Formoso, alcalde das Pontes.

lunes, 14 de febrero de 2011

Autor e microrrelato gañador

O amor

Día do amor e da amizade


A carteira, Alba Losada (2ºBAC)e o carteiro Marcos Otero (4ºESO) viñeron cargados de amor e amizade para repartir entre o alumnado do centro.

jueves, 10 de febrero de 2011

Exposición no Mercado Vello

En outubro realizouse unha exposición de ilustradores galegos no Mercado Vello da nosa vila e alá fomos. Gustounos e, como compoñentes do club de lectura de cómics, decidimos -mellor dito foron as profes - investigar un pouco máis.

Vai unha pequena mostra do traballo que fixemos.



Fume

Na primeira sesión de Fume , Antón Fortes , Lucía foi a que a dirixiu porque asistira á presentación do libro e contounos que había que fixarse moito nas ilustracións e nas cores que Joanna Concejo realizara.



sábado, 29 de enero de 2011

A tropa de trapo

Dende hai tres anos compartimos o Día da Paz cos nosos amigos Brais e Marta - A tropa de trapo- . Desta vez presentaron os seus contos coas mans abertas ( se queredes saber máis, pinchade na imaxe).


Termodonte


Os argalleiros e argalleiras I comezamos a lectura de Termodonte e outros contos da escritora Begoña Martín Acero.
Imos presentar a autora sen recorrer ao que anda na rede porque non o necesitamos, xa que foi profesora no noso instituto.


miércoles, 19 de enero de 2011

Arrugas


Como coordinadores deste club comezamos preguntándonos o porqué do título do cómic, e o resto de compoñentes sacaron as súas propias conclusións.

martes, 18 de enero de 2011

María Lado e Lucía Aldao recitaron e gañaron o público.

O día 22 de novembro María Lado e Lucía Aldao compartiron con nós o seu xeito de entender a poesía e achegáronllela ao alumnado de 1º e 2º BAC.