sábado, 29 de enero de 2011

A tropa de trapo

Dende hai tres anos compartimos o Día da Paz cos nosos amigos Brais e Marta - A tropa de trapo- . Desta vez presentaron os seus contos coas mans abertas ( se queredes saber máis, pinchade na imaxe).


Termodonte


Os argalleiros e argalleiras I comezamos a lectura de Termodonte e outros contos da escritora Begoña Martín Acero.
Imos presentar a autora sen recorrer ao que anda na rede porque non o necesitamos, xa que foi profesora no noso instituto.


miércoles, 19 de enero de 2011

Arrugas


Como coordinadores deste club comezamos preguntándonos o porqué do título do cómic, e o resto de compoñentes sacaron as súas propias conclusións.

martes, 18 de enero de 2011

María Lado e Lucía Aldao recitaron e gañaron o público.

O día 22 de novembro María Lado e Lucía Aldao compartiron con nós o seu xeito de entender a poesía e achegáronllela ao alumnado de 1º e 2º BAC.