domingo, 11 de diciembre de 2016

SEGUE MEDRANDO O NOSO PROXECTO

@s argalleir@s das letras estamos contentos porque cada día se unen máis "famos@s" ao noso proxecto, "lemos por e para vós".

miércoles, 7 de diciembre de 2016

A SECCIÓN " LEMOS POR E PARA VÓS"

O novo traballo vai por bo camiño, pero desta vez  non podemos dicir que tod@s @s argalleir@s das letras esteamos content@s, porque moit@s xa recibiron resposta e outr@s aínda non.
Aínda non fai unha semana que enviamos os correos electrónicos @s famos@s que eliximos para que nos axudasen nesta tarefa, e sabemos que, aínda que nos digan que non, tod@s nos van contestar. ISO É O QUE LLES PEDIMOS.

domingo, 27 de noviembre de 2016

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA 25 DE NOVEMBRO
Un ano máis lembramos esta data con pena. AGARDAMOS QUE PARA O ANO NON TEÑAMOS QUE VOLVER FACELO.
Ao longo deste mes escribimos microrrelatos que trataban este tema, deseñamos carteis, lemas e seleccionamos cancións para poñelas en Radio RAs.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

CHEGOU A HORA

Chegou a hora queridos lectores!! Por fin ímosvos dicir que fixemos todo este tempo! Estivemos dándovos diversas pistas para que adiviñarades o noso traballo. Non sabemos se o adiviñastes pero o noso traballo será enviar cartas a certas persoas importantes e famosas, propoñéndolle que graven uns poemas para o noso traballo "Lemos por e para vós".

lunes, 14 de noviembre de 2016

Algo máis de información

Boas queridos lectores!!! Hoxe volvemos para darvos unha pista máis do que imos facer os Argalleir@s das letras.

martes, 8 de noviembre de 2016

NOVO TRABALLO

Boas querid@s lector@s!!! 
Agardade uns días porque dentro de pouco, os Argalleiros e Argalleiras das Letras, volvemos con outro traballo!!! Non vos queremos dar moitas pistas da nosa seguinte actividade porque vai ser o “máximo” e tamén queremos deixarvos cun pouco de intriga!! 

CHEGA O SAMAÍN

Chegou o samaín e Paula (1ºESO) fixo a seguinte descrición desta celebración:
O samaín é unha festa moi divertida, xa que os máis novos adoitamos celebrala con xogos e disfraces. Tamén nos xuntamos para tomar castañas asadas e doces típicos desta época.
O elemento máis importante do samaín é a cabaza, a cal adoitamos decorar para celebrar esta festa. A cabaza que eu me imaxino é unha moi grande e terrorífica, cuns ollos e cun nariz en forma triaungular e unha gran boca cuns dentes enormes.

martes, 25 de octubre de 2016

VI MARATÓN DE CINE

A semana pasada celebramos o VI maratón de cine, que reuniu a todos “@s argalleir@s das letras”  para pasar un rato divertido e ver películas que despois puxemos en común.
Pasámolo moi ben e aos novos integrantes encantoulles a experiencia. A película que máis gustou foi El Olivo, que emocionou a moita xente; tamén nos pareceu  interesante La Caza, onde puidemos ver como unha pequena mentira pode causar moitos problemas. O que foi unha pena foi que non puideramos ver En Tierra de Hombres debido a fallos técnicos que ten o directo.
Darlles as grazas ás profes Elena e Chelo por aturarnos durante toda a noite, traballo que non é fácil! E a Cristina e Candela por virnos visitar.

lunes, 24 de octubre de 2016

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Este ano, os membros dos dous  clubs de lectura “Argalleiros e argalleiras das letras” comezamos lendo a adaptación do libro de Carlos Casares, A laranxa máis laranxa detodas as laranxas. Unha lectura moi divertida e simpática na que houbo moitas risas. Agora algúns alumnos e alumnas van facer unha representación do libro orixinal, xa que nos gustou moitísimo.

martes, 18 de octubre de 2016

UN ANO MÁIS

@s argalleir@s das letras volvemos con todas as nosas enerxías para compartir, con todos e todas vós,   as actividades que temos previstas neste curso.

martes, 14 de junio de 2016

Revista escolar Argalladas Curso 2015/2016

Compartimos o novo número da revista escolar que acabamos de rematar.
Dende aquí pedimos perdón polos erros involuntarios cometidos na edición impresa:
Na identificación da autoría da portada aparece Mario Vérez Escudero cando debería aparecer Mario Vérez Rodríguez, alumno de 4ºESO.

lunes, 13 de junio de 2016

Día do libro 2016 en Sevilla

Por fin chegara o 21 de abril, ese día tan desexado por tod@s @s argalleir@s das letras!
Marchamos para Sevilla, lugar elixido para celebrar o día do libro e a nosa actividade.
Para algúns argalleir@s era a primeira vez que viaxaban en avión, pero estaban tranquilos porque as nosas profes (Cristina, Efi e Chelo) tiñan todo "controlado"...

Día do libro 2015 en Bilbao

O 21 de abril, ás 14,10h viñeron os nosos pais a traernos as maletas e a comida dese día, xa que en lugar de saír ás 8,30h tivemos que saír despois de clase. Comemos en 20 minutos e despois comezamos a nosa viaxe cara a Bilbao para coñecer a cidade e ler Silencio  de Fran Alonso no centro municipal de San Francisco, ao lado do Mercado de la Ribera e da Ponte de San Antón. Lugar que nos brindou amablemente o noso amigo Ángel Lorente. 

miércoles, 27 de abril de 2016

LEMBRANDO A MANUEL MARÍA

O alumnado de 4ºESO pon voz aos poemas de Terra Chá de Manuel María.


Grazas Mario Vérez polo retrato que fixeches do autor. UN XENIO DEBUXA A OUTRO XENIO.
Dedicatoria


viernes, 15 de abril de 2016

O pazo de Trasalba

O día 13 de abril achegámonos ata a cidade de Ourense para aproveitala ao máximo.
Comezamos coa visita á casa de Otero Pedrayo en Trasalba.

Teatro clásico en Ourense e outras cousas

O 13 de abril foi un día completo. Comezamos visitando a casa de Otero Pedrayo en Trasalba, pero aínda faltaba o mellor: as termas e  a representación da obra de teatro.

martes, 12 de abril de 2016

viernes, 18 de marzo de 2016

martes, 8 de marzo de 2016

Xosé Neira Vilas, Xornaleiro da Palabra

O 27 de novembro despediuse de nós Xosé Neira Vilas, pero sabemos que, alá onde estea, estará contentiño, facendo das súas e coidando a todas as árbores, en especial á nogueira. 

jueves, 3 de marzo de 2016

martes, 1 de marzo de 2016

UMBERTO ECO

O Abeto da alameda está triste porque morreu Umberto Eco.

Aínda que non sabemos se habería correspondencia, o abeto di que el  era unha persoa que amaba a beleza, digna, sofisticada, temperamental, testana, un pouco egoísta, preocupada polos seus; modesta e ambiciosa; intelixente e traballadora; insatisfeito no terreo amoroso e con moitos amigos e inimigos, e sobre todo leal nas súas relacións persoais.

miércoles, 3 de febrero de 2016

@S ARGALLEIR@S DAS LETRAS E O DÍA DA PAZ - 2016

Un ano máis os Argalleiros e Argalleiras das letras convertémonos en contacontos solidarios e trasladámonos ao CEIP A Fraga (As Pontes) e a o CEIP Menéndez Pelayo (Lugo) para transmitir @s máis pequen@s a importancia e o significado do Día da Paz. @s rapaciñ@s, polo xeral, disfrutaron moito dos nosos contos e tanto nós coma eles e elas pasamos un bo anaco.

martes, 26 de enero de 2016

V Maratón de cine

Boas a todos e a todas. Os obradoiros literarios dos Argalleiros e argalleiras das letras volven co seu quinto maratón de cine. Quen pensaría que iamos seguir aquí despois de tantos anos! Pois xa vedes que aquí estamos e  aquí seguiremos.

IV Maratón de cine

Os Obradorios literarios d@s argalleir@s das letras estamos felices por realizar o noso cuarto maratón de cine. Xa sabedes que as pelis elixímolas pensando nos temas que comentamos das lecturas realizadas no obradoiro dedicado á narrativa, poesía, teatro e no dedicado só a cómic.

III Maratón de cine

Os Obradorios literarios  dos Argalleir@s das letras seguimos coa mesma enerxía coa que comezamos.

II Maratón de cine

Neste curso, os "Argalleiros e argalleiras das letras" pasamos a chamarnos, Obradoiros literarios. Non formabamos parte dos clubs de lectura do centro, pero nós seguiamos vivindo, gozando e compartindo o pracer de ler, escribir, comentar e argallar todo aquilo que nos pasase pola mente.

I Maratón de cine

No curso 2010/ 2011 @s argalleir@s das letras realizamos o I maratón de cine. Non pensedes que foi fácil, xa que a nosa actividade tivo que pasar por moitas mans ata a aprobación final, pero con argumentos todo se consegue.

Maratón de cine d@s argalleir@s

Boas a tod@s @s lector@s: 
ímosvos contar a historia do noso maratón de cine. Xa sabedes que temos dous clubs de lectura no centro. Un está destinado a narrativa, poesía.... e o outro só a cómic.

martes, 19 de enero de 2016

Argalladas 2014 / 2015

Recomendamos a lectura dos artigos relacionados coa Alameda Literaria das Árbores celtas do IES Castro da Uz. A argallada da que estam@s orgullos@s.

Pulsa en "Leer máis" para continuar.

Argalladas 2013 / 2014

Lede e coñeceredes as argalladas deste curso.
Pulsa en "Leer máis" para continuar.

Argalladas 2012 / 2013

Que non sexa por seguir argallando.
Pulsa en "Leer máis" para continuar.

Argalladas 2011 / 2012

Un bo tempo de lectura coa nosa revista.
Pulsa en "Leer máis" para continuar.

Argalladas 2010 / 2011

Recomendamos a lectura dos artigos relacionados coa Alameda Literaria das Árbores celtas do IES Castro da Uz. A argallada da que estam@s orgullos@s.

Argalladas 2008 / 2009

Recomendamos a lectura dos artigos relacionados coa Alameda Literaria das Árbores celtas do IES Castro da Uz. A argallada da que estam@s orgullos@s.