martes, 14 de junio de 2016

Revista escolar Argalladas Curso 2015/2016

Compartimos o novo número da revista escolar que acabamos de rematar.
Dende aquí pedimos perdón polos erros involuntarios cometidos na edición impresa:
Na identificación da autoría da portada aparece Mario Vérez Escudero cando debería aparecer Mario Vérez Rodríguez, alumno de 4ºESO.

lunes, 13 de junio de 2016

Día do libro 2016 en Sevilla

Por fin chegara o 21 de abril, ese día tan desexado por tod@s @s argalleir@s das letras!
Marchamos para Sevilla, lugar elixido para celebrar o día do libro e a nosa actividade.
Para algúns argalleir@s era a primeira vez que viaxaban en avión, pero estaban tranquilos porque as nosas profes (Cristina, Efi e Chelo) tiñan todo "controlado"...

Día do libro 2015 en Bilbao

O 21 de abril, ás 14,10h viñeron os nosos pais a traernos as maletas e a comida dese día, xa que en lugar de saír ás 8,30h tivemos que saír despois de clase. Comemos en 20 minutos e despois comezamos a nosa viaxe cara a Bilbao para coñecer a cidade e ler Silencio  de Fran Alonso no centro municipal de San Francisco, ao lado do Mercado de la Ribera e da Ponte de San Antón. Lugar que nos brindou amablemente o noso amigo Ángel Lorente.