domingo, 27 de noviembre de 2016

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA 25 DE NOVEMBRO
Un ano máis lembramos esta data con pena. AGARDAMOS QUE PARA O ANO NON TEÑAMOS QUE VOLVER FACELO.
Ao longo deste mes escribimos microrrelatos que trataban este tema, deseñamos carteis, lemas e seleccionamos cancións para poñelas en Radio RAs.

miércoles, 23 de noviembre de 2016

CHEGOU A HORA

Chegou a hora queridos lectores!! Por fin ímosvos dicir que fixemos todo este tempo! Estivemos dándovos diversas pistas para que adiviñarades o noso traballo. Non sabemos se o adiviñastes pero o noso traballo será enviar cartas a certas persoas importantes e famosas, propoñéndolle que graven uns poemas para o noso traballo "Lemos por e para vós".

lunes, 14 de noviembre de 2016

Algo máis de información

Boas queridos lectores!!! Hoxe volvemos para darvos unha pista máis do que imos facer os Argalleir@s das letras.

martes, 8 de noviembre de 2016

NOVO TRABALLO

Boas querid@s lector@s!!! 
Agardade uns días porque dentro de pouco, os Argalleiros e Argalleiras das Letras, volvemos con outro traballo!!! Non vos queremos dar moitas pistas da nosa seguinte actividade porque vai ser o “máximo” e tamén queremos deixarvos cun pouco de intriga!! 

CHEGA O SAMAÍN

Chegou o samaín e Paula (1ºESO) fixo a seguinte descrición desta celebración:
O samaín é unha festa moi divertida, xa que os máis novos adoitamos celebrala con xogos e disfraces. Tamén nos xuntamos para tomar castañas asadas e doces típicos desta época.
O elemento máis importante do samaín é a cabaza, a cal adoitamos decorar para celebrar esta festa. A cabaza que eu me imaxino é unha moi grande e terrorífica, cuns ollos e cun nariz en forma triaungular e unha gran boca cuns dentes enormes.