miércoles, 29 de marzo de 2017

Audiolibros de Carlos Casares

 @s argalleir@s das letras lembramos a Carlos Casares poñéndolle voz á súa obra. 
Como xa sabedes no club de lectura comezamos lendo a peza teatral a Laranxa máis laranxa de todas as laranxas, que nos gustou moito e nos fixo pasar momentos moi divertidos. Logo pensamos que estaría ben poñerlles voz a algunhas das obras do autor. ( Se fose agora.... NUNCA PENSAMOS QUE FORA TAN DIFÍCIL LER PARA QUE OUTRAS PERSOAS POIDAN GOZAR DAS OBRAS!!!). Aquí estamos tod@s @s argalleir@s facendo o que podemos. 
Antes de deixarvos cos nosos audiolibros queremos agradecerlle á nosa compañeira, Cristina Souto, o debuxo tan bonito que fixo de Carlos Casares. Grazas, CRIS. 
Que gocedes da obra de Carlos Casares!

domingo, 12 de marzo de 2017

ESTIVEMOS CON CARLOS NEGRO

O pasado martes, os argalleiros e argalleiras das letras tivemos o pracer de ter connosco a CARLOS NEGRO, un dos poetas galegos actuais, ao cal sorprendemos cunha entrevista para radio RAS
Despois  de responder a todas as nosas preguntas, saber que a SORBEIRA era a súa árbore celta e lerlle como definían os celtas ás persoas que nacían baixo a protección desta árbore: 
"A  SENSIBILIDADE. Son persoas encantadoras, alegres, desinteresadas, incansables,  amantes da vida, das emocións, do bo gusto, e mesmo dos problemas. Son apaixonadas, emocionais (dóciles ou independentes), boas compañeiras e non esquecen. A SÚA COR: GRIS CLARA".