martes, 9 de mayo de 2017

TALLER DE GRAFFITI, ( PRIMEIRA PARTE)

Grazas ao Grupo de Biblioteca do centro (capitaneado por Elena) e ao EDLG ( coordinado por Montse) puidemos achegarnos e sentirnos auténticos artistas do graffiti.

Hoxe foi a primeira sesión do taller que nos dá o antigo alumno do centro, e un dos mellores graffiteiros actuais:  RUBÉN MOLEDO. Recomendámosvos ler a entrevista que saíu no xornal El Progreso hai uns días para coñecer un pouco máis a este artista pontés. 


lunes, 1 de mayo de 2017

Día do libro 2017 en Cáceres

 Este ano “@s argalleir@s das letras” decidimos celebrar este día en Cáceres, aínda que non só visitamos esta provincia, xa que tamén nos achegamos ata Mérida. 
(Como pronto teredes unhas presentacións de todos os lugares que visitamos, agora só vos deixamos un pequeno anticipo.)  

O día 20 chegamos tarde ao hotel de Cáceres e había que deitarse pronto para retomar forzas, xa que o día seguinte sería un día duro.

O día 21, pola mañá visitamos Mérida,  pola tarde Trujillo e, da man de Cristina, coñecemos a historia do teatro, anfiteatro e moitas máis cousas destas cidades.