lunes, 9 de enero de 2017

COMPARTIMOS AS NOSAS LECTURAS

Moi boas a todos e a todas!
 Nesta entrada iremos deixando as lecturas que realizamos das obras que máis nos gustaron para que todas as persoas poidades gozar delas.
Comezamos con ánimo pero no camiño fomos dándonos conta de que é moi difícil ler para os mais. De todos os xeitos imos conseguindo o noso obxectivo: poñerlle voz a obras para achegárllelas ao maior número de persoas.
Se queredes axudarnos nesta tarefa sabedes que podedes enviarnos o voso arquivo para que o incorporemos a esta sección. 
Como dicimos @s argalleir@s das letras: " LER É UN PRACER, COMPARTILO COS DEMAIS UNHA AVENTURA!"
Que gocedes!
Son Sabela Rodríguez, curso 2ºESO e elixín Bolboretas de Xabier P. Docampo, ilustrado por Xosé Cobas.

sábado, 7 de enero de 2017

SOLIDARIOS E SOLIDARIAS CON TODOS E TODAS

Un ano máis @s “Argalleir@s das letras” e bibliotecari@s solidari@s intentamos que aos nenos e ás nenas da nosa vila non lles faltasen alimentos nestes días de Nadal. Cos cartos recadados cos nosos traballos puidemos comprarlles: leite, zumes, marmelada, pan tostado, galletas, cacao e algún turrón e doces típicos destas festas. Eles e elas teñen dereito a gozar destes días!