viernes, 27 de octubre de 2000

Quen somos?

Somos un club de lectura formado por alumnos e alumnas do IES Plurilingüe Castro da Uz, baixo un nome que nos denomina: Argalleiros e Argalleiras das letras.


Neste grupo desenvolvemos diferentes actividades como ordenar a biblioteca do centro, ler diferentes libros, entrevistar a escritores, profesores..., participar en obradoiros...

Encargámonos tamén da radio do instituto, de celebrar o día do libro ao grande viaxando por España, etc.

E unha variedade de proxectos máis, realizados por todos e todas nós, como a Antoloxía Poética das árbores celtas, libro rematado o ano pasado e que se centra nas vinteunha árbore celtas  que temos plantadas na nosa Alameda literaria ao redor do centro e que amosa o noso compromiso co medio ambiente. 

En fin, ademais de argalleiros e argalleiras, definiriámonos como  persoas solidarias e comprometidas. 



No hay comentarios: