![]() |
Sabela, 3ºESO |
Imos compartir con todos e todas vós o que levamos traballando dende hai días para BERRAR moi alto que HAI QUE PARAR A VIOLENCIA DE XÉNERO, E TODA CLASE DE VIOLENCIA, XA!
Aquí vedes o debuxo realizado por Cristina Souto ( 4ºESO) que transmite o que sentimos tod@s ante este tipo de violencia.
Pero hai moitos e moito máis...
![]() |
Carmela, 2ºESO |
Xa levamos un tempo preparando os materiais que acompañarán ás nosas voces ese día para berrar moi alto e claro que non QUEREMOS MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO, porque HOME e MULLER somos PERSOAS e temos os mesmos dereitos.
![]() |
Irene, 1ºESO |
Dende o Castro da Uz
poñemos a base
porque a violencia de
xénero é todo un desfase.
O home borracho
insultaba
mentres a súa muller
limpaba.
A muller cociñaba
mentres el se
emborrachaba.
Non lle gustaba como
cociñaba,
e por iso el lle
pegaba.
O neno miraba mentres
el se desafogaba.
O neno miraba mentres
el lle pegaba.
O neno miraba mentres
el a insultaba.
O neno berrou:
Basta xa de
pelexas,insultos, desfases
mamá non merece que
así a maltrates.
O pai enfadouse
o neno encarouse.
Berrou outra vez:
Basta xa de pelexas,
insultos, desfases
Mamá non merece que
así a maltrates.
Para xa non te pases!
Para xa e vaite!
Lograremos sorrir
Lograremos sentir
Lograremos vivir
Moi lonxe de ti.
Basta xa de pelexas,
insultos, desfases!
Ninguén se merece que así o maltraten.
Agardamos que, cando lle poñan voz, siga estando tan clara a mensaxe como a que transmitiron na letra.
![]() |
Irea e Paula, 2ºESO |
Escribimos relatos...
A
miña amiga Icía era unha nena feliz e agora é infeliz. Tiña un mozo e non vía o
malo del, pero nós sabiamos que a historia non ía rematar ben. Deixou de vir
coas amigas, só ía co noivo e coa súa panda. Só con el. Só con eles. Cando viña
con nós el interrogábaa, miráballe o móbil, increpábaa pola súa vestimenta...
Ela non era libre, pero non o deixou. Nós avisabámola, pero non facía caso.
Pasou
o tempo e crecemos todas felices, menos ela, notábaselle.
Un
día vímoslle un negrón e preguntámoslle:
-
Pégache o teu mozo?
-
Non
-
E iso?
-
Caín pola escaleira.
Non
a volvemos ver. Nin escribía nin nada. Hoxe intentamos achegarnos á súa casa,
pero non estaba. Deixamos de buscala e perdémoslle a pista. Non soubemos nada
máis.
Dende
aquela, nós decidimos ir polos colexios e institutos para axudar co seguinte
lema:
TI
NON ES DE NINGUÉN MÁIS QUE DE TI MESMA.
NON
PERMITAS A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ada Fernández, 1ºESO
E puxémoslles voz aos microrrelatos e relatos que escribimos. Aquí están as nosas voces berrando contra a VIOLENCIA DE XÉNERO. Voces que soarán dende a Radio escolar, Radio Ras, durante todos os recreos da semana.E seguimos poñéndolle imaxes a este día:
![]() |
Aroa, 1ºESO |
![]() |
Sara, 3ºESO |
![]() |
Traballamos fóra |
![]() |
Traballamos dentro |
![]() |
Facendo insignias.... |
E así saíu:
Cando chegamos o luns ao centro vimos a lona, que tiñamos preparada para colocar o lazo contra a violencia de xénero, tirada no chan. As condicións metereolóxicas foran as "culpables". Non pasa nada! Sabemos repoñernos a calquera adversidade. PENSAMOS.... E AÍ VEDES O RESULTADO.
Durante a semana do 20 ao 25, Radio Ras seguiu achegando as nosas voces que lembraban que NON QUEREMOS MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO. O venres, Irene, a nosa compañeira de 1ºESO, leu este texto de Jorge Bucay.
TODO O IES CASTRO DA UZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario