@s argalleir@s das letra non paramos. Sempre andamos ás présas e moitas veces non facemos as cousas como deberiamos, pero facémolas, que é o importante.
O Nadal xa está aí e sabemos que, por desgraza, aínda hai que seguir axudando a familias da nosa vila porque non están pasando un bo momento económico. Por iso decidímonos a facer a compra xa para que os responsables dos Servizos sociais do concello vaian distribuíndo os alimentos que compramos e así facerlles máis levadeira a situación a estas persoas.
Este ano foi diferente porque a Elena e a Chelo veulle a présa. Decidiron ir no recreo e alá fomos cos cartiños recadados dos nosos traballos. Tiñamos 131euros para gastar en alimentos de primeira necesidade e así o fixemos.
Aquí nos vedes. Sabela, Jessica, Aldara, Silvia, Xan, Nono, Vicente e Santi como representantes de tod@s @s argalleir@s das letras facendo a compra.
![]() |
Aos argalleiros custáballes un pouquiño localizar os produtos |
![]() |
Pero axudaban e daban con eles |
![]() |
E aí estaba Elena para reconducir todo e ver que non faltara nada |
![]() |
Chegou o momento de pasar por caixa |
![]() |
E aí estaban os nosos cartos para axudar, unha vez máis |
Sabemos que non tivemos tanto tempo como noutros anos para cadrar as contas como deberiamos, pero o que si vos dicimos é que todo o que compramos está feito de corazón.
Aproveitamos para preguntarlles ás persoas que están no goberno, POR QUE NON TODAS AS PERSOAS TEÑEN DEREITO A ALIMENTARSE E VIVIR CON DIGNIDADE? POR QUE INVISTEN OS CARTOS EN COUSAS, ás veces, INÚTILES E NON O FAN NO QUE O TEÑEN QUE FACER?
Nós seguiremos axudando, pero non sería mellor gozar todos e todas dun mundo máis xusto e igualitario?
No hay comentarios:
Publicar un comentario