Mostrando entradas con la etiqueta Día contra a violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día contra a violencia de xénero. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de febrero de 2020

Día Internacional da muller e da nena na Ciencia 2020

O martes  11 de febreiro, conmemorouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.  Ao longo de toda a semana  participamos en actividades que axudan a:
- Visibilizar o traballo das científicas
- Crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería
- Promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.



Da man de Elena, profe de Física e Química, fixemos un bo traballo de investigación e descubrimos que unha gran cantidade de mulleres foron pioneiras no mundo da ciencia, atopando importantes referentes femininos.


Presentámosvos algúns exemplos das mulleres que descubrimos esta semana e que foron fundamentais na ciencia ao longo da historia.































lunes, 25 de noviembre de 2019

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

25 Novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero



Un ano máis volvemos manifestar incondicionalmente o noso apoio ao “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”.


Para a conmemoración deste día o noso alumnado participou en diferentes actividades:


  • Elaboración dun lazo humano no pavillón polideportivo.
  • Lectura polo alumno de 3º de ESO Victor M. Pellón, dun poema do autor Carlos Negro.
  • Concurso de cancións coa letra modificada para adaptala á temática do día. Agradecemos a colaboración e implicación de Anpa Ronsel que agasallou as mellores.

Aquí tedes o noso lazo humano...



Victor M. Pellón, lendo un poema de Carlos Negro


Concurso de cancións con letras feministas modificadas


lunes, 26 de noviembre de 2018

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Entre os días 20 e 25 de novembro celebramos no instituto a semana contra a violencia de xénero. Dende o equipo da Biblioteca fixéronse diferentes actividades como o concurso de cómics e  marcapáxinas, lectura de relatos en radio RAS...
Ademais, enchemos as paredes do centro cun milleiro de carteis con frases relacionadas con este día e colgamos dende a ventá da clase de galego unha gran pancarta co lazo conmemorativo do 25N. Pouco máis e sae voando!



E xa temos os gañadores:

CONCURSO DE CÓMICS:
1º PREMIO: Irene Salvatierra Pena (2º ESO)


2º PREMIO: Paula Galdo Fraga (1º ESO)


3º PREMIO: Eliot Meizoso Pita (1º ESO)


CONCURSO DE MARCAPÁXINAS:
1º PREMIO: Silvia Casás Melero (4º ESO)

2º PREMIO: María Seoane Felgueiras (2º ESO)

3º PREMIO: Aroa Blanco Guerreiro (2º ESO)

Agradecemos ao ANPA Ronsel a súa colaboración e os premios otorgados-

Alumnos 4º ESO

lunes, 11 de diciembre de 2017

Unha historia sobre a violencia de xénero

O día 25 de novembro xa pasou, pero a violencia de xénero segue estando presente. Continúa asentada na nosa sociedade,  nas nosas vidas, nas nosas mentes... Que nos pasa? Que temos que facer para cambiar e rematar dunha vez  con esta atrocidade? Ninguén se dá conta da crueldade, brutalidade, bestialidade, barbaridade... que viven moitas mulleres? 
Por se non o tiñades moi claro, a Argalleira das letras de 4ºESO, e gran artista plástica, Cristina Souto realizou este cómic que sintetiza e reflicte mellor que ningún manual, titoría, charla.... ESTA REALIDADE. 

jueves, 16 de noviembre de 2017

NÓS DICIMOS NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO


Sabela, 3ºESO


TODOS E TODAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imos compartir con todos e todas vós o que levamos traballando dende hai días para BERRAR moi alto que HAI QUE PARAR A VIOLENCIA DE XÉNERO, E TODA CLASE DE VIOLENCIA, XA!
Aquí vedes o debuxo realizado por Cristina Souto ( 4ºESO) que transmite o que sentimos tod@s ante este tipo de violencia.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Os nosos relatos contra a violencia de xénero

Aquí están os relatos que nós mesmos escribimos contra a violencia de xénero, aos que poñemos voz os alumnos de 1º ESO.


Microrrelatos Violencia de Xénero

Poñemos voz aos microrrelatos que escribimos o ano pasado contra a violencia de xénero.


domingo, 27 de noviembre de 2016

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA 25 DE NOVEMBRO
Un ano máis lembramos esta data con pena. AGARDAMOS QUE PARA O ANO NON TEÑAMOS QUE VOLVER FACELO.
Ao longo deste mes escribimos microrrelatos que trataban este tema, deseñamos carteis, lemas e seleccionamos cancións para poñelas en Radio RAs.