domingo, 27 de noviembre de 2016

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA 25 DE NOVEMBRO
Un ano máis lembramos esta data con pena. AGARDAMOS QUE PARA O ANO NON TEÑAMOS QUE VOLVER FACELO.
Ao longo deste mes escribimos microrrelatos que trataban este tema, deseñamos carteis, lemas e seleccionamos cancións para poñelas en Radio RAs.



A nosa compañeira de 3ºESO, Cristina Souto fixo este debuxo:
E pensamos que era necesario ir máis alá. Convencemos @s profes para que compraran unha máquina de facer chapas e conseguímolo. 
@s nos@s compañeir@s de 1ºFP básica estiveron tres horas argallando na máquina e conseguiron facer todas as chapas que regalamos o venres a todas as persoas que entraban ao instituto. 

Nós tamén axudamos nesta tarefa, porque cada un de nós fixo unha chapa seguindo os pasos que os nosos compañeiros nos indicaban. Tamén colocamos os microrrelatos e os carteis na entrada. 


Chegou o día e á primeira hora da mañá xa estabamos preparadas para entregarlles as chapas a todos e a todas. Tamén estabamos ansiosos e ansiosas de saber quen fora o gañador ou gañadora do concurso.
No segundo recreo o xurado, formado por : 
Elena Hernández   GRUPO DE BIBLIOTECA
Flora Formoso        DEPARTAMENTO DE LINGUAS
Monserrat Penedo   EDLG
Marta Crespo  DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN   

DITAMINOU OS SEGUINTES PREMIOS: 

1º PREMIO
27.- Nacer, crecer, aprender. Aprender a amar, a convivir, a respectar. Crecer fisicamente e mentalmente. Ana creceu. Quixo aprender, quixo saber. Non se poden contar as veces que Ana CALOU. Xoán chegou á súa vida e con el  aquel inferno, mal chamado amor.  Ana calou, volveu calar. E o silencio levou a súa vida. 
ICÍA  BASANTA, 3ºESO

2ºPREMIO
  
22.-  Ela tan cega de amor. El tan agresivo. Unha bela historia de amor que se esgotaba cada vez máis. Unha historia rematada cun final silencioso e predicible. El non era de amar, senón de ter. As meixelas da muller cada día se enchían de lágrimas. Cando a cegueira curou e ela quixo falar, era tarde.
SHEILA. SAAVEDRA , 3ºESO

3º PREMIO
14.- Pecho os ollos e aí está. Esa voz que non para de preguntar onde estou?, que fago?, con quen vou?, con quen falo? Esa voz que non me para de perseguir. A que me fai crer que son inferior. A que me fai cuestionar se iso é amor. O amor que me prometera nun principio. Quixen deixalo. Pegoume. Funme.
UXÍA. BOUZA, 3ºESO

MENCIÓN ESPECIAL
2.- Eran días escuros, cada día que pasaba aumentaban as agresións, os insultos, as humillacións… Antes, os negróns aínda era posible tapalos, pero agora xa non. Son feridas cada vez máis graves, que pouco a pouco vanme deixando sen forzas ata o punto que eu mesma decidín rematar con iso.
 SERGIO SARDIÑA, 1ºFPBÁSICA 


DESEXAMOS QUE O ANO QUE VÉN NON TEÑAMOS QUE LEMBRAR ESTA DATA. 


No hay comentarios: