miércoles, 23 de noviembre de 2016

CHEGOU A HORA

Chegou a hora queridos lectores!! Por fin ímosvos dicir que fixemos todo este tempo! Estivemos dándovos diversas pistas para que adiviñarades o noso traballo. Non sabemos se o adiviñastes pero o noso traballo será enviar cartas a certas persoas importantes e famosas, propoñéndolle que graven uns poemas para o noso traballo "Lemos por e para vós".



 Aquí vos deixamos un exemplo:

Bos días Sr. Lucas Pérez,
Chámome Juan, teño 14 anos, son  alumno do IES Castro da Uz e integrante do club de lectura “Argalleir@s das Letras”.
Nós temos un libro titulado  Antoloxía poética das Árbores Celtas, no cal lle asignamos a cada árbore celta varios poemas relacionados con cada unha delas. Agora estamos traballando no proxecto chamado “Lemos por e para vós”, no cal certas persoas, con gran importancia na nosa comunidade, poñeranlle voz a cada un dos poemas que forman a antoloxía para que todas as persoas poidan gozar deles.
E eu, en nome de todos os Argalleir@s das letras, pídolle, se pode, que poña voz aos poemas que lle enviamos  para engadilos á nosa sección de audiolibros do noso blog  http://argalladas.blogspot.com.es/search/label/Audiolibros. Se acepta a nosa proposta podería mandar a este correo a pista de audio ( nun formato reproducible en calquera ordenador) correspondente cos textos que nós  lle mandamos.
Aproveitando esta ocasión, nós estaríamos encantados de que acudise ao noso centro para coñecelo máis facéndolle unha entrevista.
Agardamos a súa resposta.
Un bico e un saúdo en nome dos Argalleir@s das Letras:
Juan


Pronto vos diremos se nos fixeron caso ou non.

No hay comentarios: