miércoles, 11 de junio de 2008

Día do libro 2008 en Urueña

Este ano pensamos que estaría ben cambiar de aires para celebrar este día, e así llelo dixemos ás profes. Dito e feito. Inmediatamente pensaron na Vila do libro - Urueña-. Cando nos dixeron o nome non sabiamos onde quedaba, pero agora que sabemos o camiño e coñecemos a vila, aproveitamos para recomendarvos a súa visita. Esta actividade fixémola cos amigos e amigas de 4ºESO do CPI Castro Baxoi de Miño e non vexades o que nos gustou e o que gozamos lendo e conversando.







Eliximos para a lectura continuada O neno do pixama a raias -en galego e en castelán e cada un de nós líao na lingua que desexaba. Como todos os anos había que escoller a palabra da nosa lectura que máis nos gustase e anotala no panel que tiñamos no Salón de Actos do centro e-LEA ( Si, Pedro Mencía, o director do centro, tíñalo reservado para nós. Un honor e un agradacemento desde aquí a este home que se preocupou tanto por nós) para despois compoñer o poema colectivo.

Unha foto que recorda ese momento.


Agora só queda compartir con vós, o mellor. O poema que compuxemos entre todos coas palabras elixidas. Esperemos que vos guste e que nos fagades chegar a vosa opinión.


"CON PALABRAS CLARAS "


A nosa vida daba voltas como unha escaleira de caracol,
sempre inmersos na verdulería das nosas mentes.
No futuro teremos que esquecer
o mundo que nos envolveu,
e lembrar aquelas infinitas tardes de sol
de cando eramos cativos
e faciamos castelos de area
que se viñan abaixo como o muro de Berlín.
Volviamos a vista a aqueles tempos
nos que os soldados loitabamos pola liberdade,
desexando regresar á casa añorada e cálida
despois de termos pisado terreos infernais.
Os tontos e inxenuos pensabamos
que eran sinceras as promesas
de PAZ,
mentres que os nenos seguían camiñando
polas vías da vida,
comendo galletas salgadas
e amargas e frescas chirivías.

¡Quen puidera esquecer aquelas verdades
nunca ditas daquel outro Berlín
e zanxalas para sempre!

¡Quen puidera borrar as lágrimas
que impedían ás miradas
ver a luz do día
e ollar, asombradas, a luz dun novo sol!
Meditando e pensando
fóronse abrindo as portas
con sinceras emocións
e inmediatos sentimentos,
escoitando as voces daqueles mozosque trataban calquera tema
baixo a frondosa árbore da liberdade.
E no pensamento de Bruno
aqueles homes repugnantes,
chamados militares,
daban a súa vida por nada.
Nun mundo vestido con uniforme de paz,
nenos felices cheos de esperanza e
os seus fieis amigos
xogan agora nos bambáns
con panos brancos
que limpan as antigas feridas.
Eses vellos tempos de xeques xa pasaron
e agora... o meu avó recorda con nostalxia
como se iluminaba a súa cara
cando cantabaao sementar patacas
e lía no xornal o seguinte titular:

¡DOS NOSOS RESPINGOSOS CORAZÓNS BROTARÁN AS PALABRAS MÁIS CLARAS!
E como non pode faltar a imaxe a unhas palabras, aí vai.




1 comentario:

rascacheiro dijo...

Eu estou tan contenta dese resultado que non podo menos que engadir este comentario e dicirvos a todos que... ¡NORABOA! Foi un bonito poema, escrito en condicións "difíciles" (sen durmir e no bus de volta), con ganas e sentimentos. ¡Sodes totais!