jueves, 18 de diciembre de 2008

xa nos tarda!!!

Ola coleguillas do blog!!!
Temos preparado un gran proxecto!! á volta do nadal imos asistir e facer uns talleres de banda deseñada, para realizar, máis tarde, un cómic contando a historia da nosa biblioteca!!
Xa estamos debatindo os que serán algúns/as dos protagonistas. O que xa temos claro, é quen será o personaxe principal. O seu carácter forte dende que aparece por primeira vez na obra, a caracterizará para toda a historia.



Este cómic terá unha trama argumental de misterio, que enganchará ao lector dende a primeira folla. Misterios, conflitos, roubos, dificultades, lágrimas, risas.... unha mestura de sensacións que farán desta obra un gran éxito!!!!!!!!!!
O noso profesor de taller, será Xosé Tomás. O seu blog é: http://xosetomas.blogspot.com/
VISITÁDEO!!! NON DEFRAUDA!! E agora vai unha páxina do seu cómic Tolos










Agora van unhas mostras de novas adquisicións que fixemos para seguir póndonos ao día...


Aquí vai unha mostra do seu libro Tolos:



Agora só vos pedimos unha cousa. Buscade información destes cómics, autor do texto, das ilustracións... e, se queredes, lédeos e logo compartides as vosas opinións con nós.
Ata pronto.












































2 comentarios:

Unknown dijo...

Hola Argalleiros!!!

Pois hoxe estou aquì para dicirvos que xa tiven o pracer de ler eses libros e que son todos moi entretidos incuindo o de Trasmallo" A Santa Compaña" Non aparece pero xa està na biblioteca do centro a vosa disposiciòn.

Nada màis e disfrutade da lectura que e un ben insustituible

Asesoría Bibliotecas Escolares dijo...

Semella que non estades utilizando o blogue...
Abandonádelo por algunha razón?
De ser así avisade para poder dalo de baixa.