martes, 9 de noviembre de 2010

Makinaria

Os Argalleiros das letras I comezamos este ano con forza. Os "coordinadores" decidimos que o primeiro libro compartido fose de poesía (omitimos os comentarios que saíron da boca doutros argalleiros e argalleiras cando o tiveron nas súas mans, abrírono e viron: ¡VERSOS!).
É tempo de presentar o autor e, quen mellor ca el para facelo?Deixámosvos con Carlos Negro





A obra:
Makinaria é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como meta o destino cemiterio.
Rosa Aneiros comenta: "Makinaria é unha canción desesperada de gasolina e goma abrasada, un canto á falta de medo dos dezaoito anos e ao desexo táctil na boca do estómago arrasado polas voltas do contaquilómetros"
¿Que opinarán os argalleiros e argalleiras? Non desesperedes que todo chega.

No hay comentarios: