miércoles, 10 de noviembre de 2010

Quentando motores.

Na última reunión do club de lectura "sorprendemos"- grazas á "sorpresa" coa que fomos "sorprendidos" os asistentes aos III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia- os argalleiros e argalleiras das letras coa proxección do vídeo no que Carlos Negro recitaba un poema da obra que estamos lendo e gozando.



Como os adolescentes son "adrenalina pura", tres argalleiras (Cris, Paula e Sabela) comprometéronse a recitar o mesmo poema para este venres. Estamos desexando que chegue ese momento.
En boxs temos todo preparado para que os motores sigan ruxindo grazas ao bo traballo que Rosa Salgueiro realizou sobre Makinaria.

2 comentarios:

Chelo dijo...

Ola! Somos as argalleiras Paula e Cris. Hoxe tiñamos que recitar o poema "No Way", o final non puidemos porque nos faltaba a terceira argalleira Sabela, enton non nos quedou máis remedio que sentarnos e ler os demais poemas e comentalos cos demais argalleiros, sen poñerlle toda a enerxía que quixeramos e a adrenalina porque a gardamos para a seguinte sesión.
Queremos darvos un conselliño, sen non vos gusta a poesía, pobrade con Makinaria.

biblioteca dijo...

Ola argalleiros!
Somos Paula e Sabela e ímosvos falar de MAKINARIA.
Este libro é de poesía pero unha poesía que se entende perfectamente, calquera persona a entendería.
Redacta a euforia que teñen os adolescentes cos coches, o que teñen que aguantar xa que os seus pais nunca sentiron esa sensación, e a mala sorte que teñen algúns dos rapaces .
O poema que máis nos gustou foi Game Over
[Si.
Esta foi a túa curva derradeira.
Tranquilo. Non te asustes.
Xa non tes nada que temer.
Non fagas por moverte. Non podes.
Punto final.
Game Over.
Mira.
Aquel é o teu corpo deitado na cuneta.
A escena tivo sangue.
Tivo berros.
Tivo néboa.
Tamén dor.
Mírate.]...

Recomemdámosvos a todos os rapaces xa que reflicte unha realidade que trata de temas que desgraciadamente nos acontecen a diario, tanto directa como indirectamente.
Móstrase a ignorancia dos pais sobre o que fan os seus fillos que os seguen vendo como uns anxiños e o moito que sofren cando se enteran do que fan aínda que pensan que a eles nunca lles vai pasar.
O peor é que cando pasa xa non hai volta atrás, e pérdese moita vida por vivir e moitas por aprender.