A presentación correu a cargo de Celia e Tino -alumnos de 2ºBAC e membros do club de lectura- e estas foron as as súas palabras:
Celia: Hoxe, como todos sabemos, imos ter o pracer de presenciar un recital de poesía da man de dúas importantes voces galegas, María Lado e Lucía Aldao.
Tino: Non vai ser un recital normal, xa que como temos entendido, María e Lucía poñen en práctica outro modelo de recital que vai tirar os prexuízos que tedes sobre a poesía.
Celia: María Lado naceu en Cee e está licenciada en Filoloxía Galega, pero profesionalmente dedícase ao teatro, traballa para editoriais e é bloguera.
Tino: Lucía Aldao comezou a súa carreira en Filoloxía Galega, pero como non lle gustaba, preferiu estudar Corte e confección e un curso de patronaxe industrial.
Celia: Xuntas forman un binomio lírico que abraia co seu espectáculo de ironía e humor.
Tino: Cabe destacar que estas dúas poetisas comezaron a involucrarse neste mundo desde xa moi noviñas participando en concursos escolares.
Celia: Esperamos disfrutar co espectáculo destas dúas poetisas galegas.
No seguinte enderezo podedes ver a presentación - achegamos o texto porque no vídeo non aparecen na súa totalidade. Espero que desculpedes a nosa inexperiencia.- e o comezo do recital.
Nada mellor que algunhas palabras do público para comentar esta experiencia poética:
" Lucía e María son unhas boas poetisas que escriben sobre o que a elas lles apetece e con esta temática e coa súa vitalidade chegan moi ben á xente. Creo que Lucía Aldao, escribindo como escribe e cantando como canta, podería dedicarse profesionalmente á música".
"O recital foi innovador e produtivo. O xeito de amosar a literatura foi, simplemente, diferente. Ensináronos poesía dun xeito divertido e entretido e incluso contaron coa participación do público. Se houbera máis recitais coma este e máis accesibles, a xente interesaríase pola poesía galega que parece ser un tema de pouco interese social."
" Lucía e María son unhas boas poetisas que escriben sobre o que a elas lles apetece e con esta temática e coa súa vitalidade chegan moi ben á xente. Creo que Lucía Aldao, escribindo como escribe e cantando como canta, podería dedicarse profesionalmente á música".
No hay comentarios:
Publicar un comentario