Radio Ras emitiu o programa " Temos algunhas preguntas para vostede" e contou coa presenza de Valentín González Formoso, alcalde das Pontes.
Carmen e Lía conduciron o programa e moderaron a quenda das preguntas que partían do público formado polos alumnos e alumnas do centro-.
Así comezou todo:
¡ Bos días a todos e todas e grazas por estar con nós, alcalde!
Somos Carmen e Lía. Cursamos 2º de ESO e INTENTAREMOS QUE PASE UNS MOMENTOS AGRADABLES CON NÓS E QUE AS PREGUNTAS NON SEXAN DEMASIADO COMPROMETIDAS...
Valentín é alcalde da nosa vila dende as eleccións do 27 de maio de 2007 nas que se presentou polo PSdG- PSOE.
A árbore celta da súa vida é o pradairo que o define como persoa imaxinativa, orixinal e inconformista. Tímido e reservado. Ambicioso, orgulloso e seguro de si. Nervioso e de difícil trato. Con facilidade para a aprendizaxe e boa capacidade memorística e cunha vida amorosa complicada.
¿Está de acordo coa simboloxía da súa árbore?
Para ler todas as preguntas da entrevista, pinchade aquí.
Lara Cal entregoulle un agasallo para agradecerlle a súa presenza e pedirlle un favor.
¡¡¡ Teremos bancos para comezar o "paseo literario" e poder sentar á beira das nosas árbores celtas. Grazas, Valentín.
Non diredes que o agasallo non é orixinal. Entregámoslle un cadro coa súa árbore celta e coa orixe e significado do seu nome e apelidos.
Comezamos a entrevista, que se alongou máis do esperado porque o señor alcalde estaba cómodo con nós e respondía e respondía... ás nosas preguntas, preguntándolle polo seu libro favorito ( Los pilares de la Tierra), a súa peli, a súa música... Rimos ao ver que a pregunta, ¿Cal é o seu chiste favorito? o deixou pensativo. Continuamos con temas de actualidade e de interese para nós, mozos e mozas das Pontes e moitas outras cousas.
Gustaríanos achegarvos algún arquivo sonoro da entrevista, pero Radio Ras aínda está aprendendo a subila ao blog.
Ata a próxima, despídese Radio Ras que xa está pensando en quen será o seguinte entrevistado ou entrevistada no seu " Temos algunhas preguntas para vostede"
No hay comentarios:
Publicar un comentario