Xosé Neira Vilas, Xornaleiro da Palabra

O 27 de novembro despediuse de nós Xosé Neira Vilas, pero sabemos que, alá onde estea, estará contentiño, facendo das súas e coidando a todas as árbores, en especial á nogueira. 



A NOGUEIRA simboliza a PAIXÓN e ese sentimento foi o que ti puxeches en todo o teu traballo. 
Son persoas implacables, estrañas e contraditorias. Egoístas, agresivas, nobres, abertas, espontáneas, ambiciosas, inflexibles. Non sempre agradan pero son admiradas. No amor son parellas difíciles e pouco comúns. Celosas e apaixonadas e non lles gusta comprometerse.
A SÚA COR: AZUL


Esta foi a dedicatoria que fixeches en Memorias dun neno labrego.
A todos os nenos e a
todas as nenas que
falan galego.
@s argalleir@s das letras queremos lembrar o remate do teu relato “ A morte”: 
"¡Se puidese entender moitas cousas! Ou falar tan sequera delas; contarlles ós demais as miñas cavilacións. Pero xa o teño feito e rínseme. E a min dóeme. Dóeme que a xente ande polo mundo como andan as vacas e os burros: procurando soamente o pesebre."

e dicirche que hai moit@s Balbinos no mundo que intentarán seguir o camiño que ti principiaches. GRAZAS MESTRE.  
Para amosar que segues con nós decidimos poñer voz  ás túas palabras que forman o chamado "ciclo do neno": 
Aqueles anos do Moncho

No hay comentarios: