domingo, 17 de diciembre de 2017

AUDIOLIBROS DOS ARGALLEIR@S

Boas a todos e a todas.!
Deixámosvos co primeiro audiolibro que realizamos este curso (2017/2018) @s argalleir@s das letras. Lembrámosvos que as lecturas que realizaremos este ano no club de narrativa, seguirán as recomendacións dos "Argalleiros e Argalleiras de honra".
Aquí está a lectura que nos recomendou Begoña Martín: El señor Ibrahim y las flores del corán de Eric- Emmanuel Schmitt.
Agardamos que desculpedes todo aquilo que vos impida seguir a audición da lectura do xeito máis pracenteiro que imaxinarades, pero que saibades que gravamos en directo, e sen ningún corte, no tempo que compartimos de lecturas no club. 
Bo proveito!



@s argalleir@s das letras celebramos o último encontro do club de lectura do 2017 lendo unha obra que non estaba prevista. Foi unha sorpresa das profes, pero unha sorpresa, sorpresa, porque nos deixou a tod@s??? Elas sempre andan argallando e agasalláronnos con Los elefantes nunca olvidan de Christiane Pieper e  Anushka Ravishankar. 
Lembrade que foi unha lectura de súpeto, pero a argalleira Sara Basoa realizouna de marabilla. Escoitádea e pensade que non abrimos a derradeira páxina do libro. 

Que decidistes vós, ser elefante ou búfalo?

Boas a tod@s! @s argalleir@s comezamos coa lectura da obra: Itinerario do botellón do autor X. L. Graña (argalleiro de honra), e queremos compartir con vós este comezo, porque tedes que saber que non vos  é nada fácil distribuír os papeis que teremos que ler entre tod@s os que somos. Menos mal que algúns e algunhas argalleiras se preocuparon diso uns días antes, xa que en 20 minutos que dura o recreo...  Nunca nos atreveramos a realizar un audiolibro dunha obra teatral.... Pero como somos así, aquí vos deixamos co inicio da obra do "Argalleiro de honra", X. L. Graña.


Na segunda sesión do club de lectura, @s argalleir@s continuamos coa obra de X. L. Graña, Itinerario do botellón. Nesta sesión, o tempo de lectura foi menos porque tivemos que distribuír os papeis para poñerlle voz ao texto.
Este mércores comezamos comentado o lido anteriormente e logo comezamos a lectura:

Aquí vos deixamos a cuarta sesión da lectura

Na 5º sesión da obra de X. L. Graña, as novas voces d@s argalleir@s amosaron un pouco de nerviosismo, pero, como estabamos tod@s aí, saíu adiante.


Aquí vos deixamos a sexta sesión da obra Itinerario do botellón.


Xa podedes escoitar a sétima sesión de Itinerario do botellón.



Este mércores rematamos a lectura da obra de X. L. Graña, Itinerario do botellón. Aquí vos deixamos coa gravación.


Nesta sesión do club comezamos coa lectura recomendada pola " Argalleira de honra", e " querida profe", Efigenia Maseda. Cando nos visitou convenceunos de ler: El príncipe de Tarsis  escrita por  Antonio Sánchez - Escalonilla e hoxe comezamos, lembrándonos de Efi xa dende as primeiras páxinas. Ela  sabe o porqué.
Notaredes que houbo un momento da lectura na que dubidamos á hora de ler: " Posiblemente algunos conversación con ninguno". Ao rematar a sesión comentamos este feito.


Aquí volvemos, aínda que sempre estivemos onde tiñamos que estar nos recreos. Xa sabedes que a actividade do Día do Libro lévanos tempo e por iso non puidemos subir as lecturas que realizamos nas nosas xuntanzas. Temos que dicir que, como somos conscientes do tempo que resta para finalizar o curso, decidimos deixar a lectura comezada de El príncipe de Tarsis porque sabiamos que non seriamos capaces de rematala e comezar con algo de poesía. Xa era hora! Lembrámosvos que a recomendación do " argalleiro de honra", Héctor Cajaraville foi: Terraza de Fran Alonso. E decidimos poñernos con ela. 
Aquí vai o inicio de Terraza coa lectura das dedicatorias e os tres primeiros poemas, xa que a poesía, como todo, precisa dun tempo para comentar. 

O seguinte mércores continuamos coa lectura dos tres poemas seguintes:


E aquí estivemos hoxe lendo outros poucos poemas para logo comentalos.

O día 6 de xuño continuamos poñéndolles voz aos poemas de Terraza de Fran Alonso.

E tocaba rematar a lectura de Fran Alonso, Terraza e así o fixemos na última sesión do club deste curso.
Aquí vos deixamos coa lectura dos tres últimos poemas: " Ignoro a que dimensión", " Das árbores do parque" e " Un home cun maletín".


Boas lecturas e reparadores mergullos en cada páxina dos libros que vos acompañen durante as vacacións tan merecidas.
Ata o curso que vén!!!

No hay comentarios: