miércoles, 23 de mayo de 2018

DÍA DO LIBRO, ILUSTRACIÓN

ASÍ REMATAMOS A ACTIVIDADE DO DÍA DO LIBRO
Nada máis regresar da viaxe cultural e literaria que realizamos o 23 de abril toca o traballo duro, pero agardado por tod@s @s argalleir@s que nos sentimos orgullos@s de pertencer a estes clubs de lectura. 
Ao viaxar en avión non podemos ir acompañad@s dos nosos queridos paneis, polo que temos que subir nos recreos a escribir a nosa palabra ata completalo. Non hai problema porque @s argalleir@s veteran@s encárganse de ir explicándolle o proceso ás novas incorporacións. 




Ata rematar o panel con todas as palabras elixidas da lectura, neste caso, Anagnórise.

Mentres escriben a palabra, outr@s argalleir@s dispoñemonos a distribuír o panel para escribir os versos do poema. Traballo duro que non conta con moit@s voluntari@s! Nesta ocasión a responsabilidade recaeu en Sabela e Sara. 

Distribuído o panel e trazadas as liñas chegaba a hora da verdade: escribir o noso poema "Desmontando mitoloxías". Aí estaban Uxía e Adela dispostas, coma sempre. 
Primeiro a lapis, non fora ser... 



Unha vez máis, fixérono perfectamente, SEN UN ERRO!
Xa, xa... Pero quedaba a parte máis custosa: pensar na ilustración que reflictiría a mensaxe que queremos transmitir coa nosa composición poética. Non pensedes que nos puxemos de acordo á primeira, nin a segunda... Pero puxémonos. Aí estaba Cristina para plasmar no lenzo a imaxe que decidiramos. 


Unha vez rematado o esbozo, Cristina compartiu o seu don coas novas incorporacións para ir transmitíndolles a filosofía desta actividade. Había que comezar a pintar e Cristina e Alba R. gozaron durante os recreos compartindo a súa mestría nesta arte con tod@s. 


Mirade o resultado final: 


E aquí están as artistas, orgullosas do traballo que finaliza a actividade do Día do libro deste curso. 

Para finalizar deixámosvos que vos mergulledes e soñedes, coma sempre o facemos nós. 



Observación: neste curso imos colocar unha placa no cadro para explicar a ilustración. 
"Desmontando mitoloxías"
Pegaso liberándose das ás e pisando as caveiras dos deuses do Olimpo"

Ata o ano e, mentres tanto, felices lecturas. 
Argalleir@s das letras


No hay comentarios: