As argalleiras e argalleiros das letras comezamos o curso
lendo, como non podía ser doutro modo. Este ano somos tantos os membros do club
que tivemos que dividirnos en grupos, pois a biblioteca se nos queda pequena
para acoller a todo o alumnado que quere participar da maxia da lectura.
Pero como o club é moito máis... comezamos cun proxecto no
que reflexionamos sobre o noso papel como actores e actrices principais na
loita polo cuidado do medioambiente. A pregunta é sinxela “Que podo facer eu
para cuidar o meu planeta?” . A resposta non é tan doada, tratábase de pensar
en pequenos xestos diarios que axuden no cuidado deste planeta, posto que non
temos recambio para el.
Ao principio non se nos ocurrían grandes ideas “Eu non tiro
plásticos ao mar”, “Se o planeta queres cuidar, todo xuntos temos que
traballar”,..., pero con este tipo de compromisos non imos chegar moi lonxe.
Foi preciso centrarse e estruxar un pouco o cerebro... Pouco a pouco foron
xurdindo varias ideas máis asumibles e que tod@s podemos poñer en práctica. Timidamente ían aparecendo novas propostas no buzón
que se ubicou no hall do insti. Aquí tedes algunhas mostras das aportacións rexistradas:
A continuación realizouse unha
tarefa de selección, coa colaboración de varias profes, Patricia (Francés),
Sofía e Flora (Inglés) e María (Galego). Decidiron, con bo criterio que, como
estamos nun centro plurilingüe, poderiamos escribir as frases escollidas
alternando os tres idiomas, polo que tras a selección inicial, as 16 frases
seleccionadas para os 16 chanzos faladeiros son as seguintes:
•
I switch off the
lights if it isn´t necessary.
•
I use cloth bags instead
of plastic bags.
•
I reuse paper
•
I buy and sell
second-hand stuff on Wallapop.
•
I switch off electric
devices which I am not using.
•
JE ME DOUCHE, JE NE ME
BAIGNE PAS.
•
JE CLASSIFIE ET
RECYCLE LES ORDURES.
•
J’ACHÈTE LES PRODUITS
DE MA RÉGION.
•
J’UTILISE DES LAMPES
ÉCOLOGIQUES.
•
J’UTILISE DES
APPAREILS ÉLECTROMÉNAGERS EFFICACES.
•
Pecho a billa cando
non preciso a auga
•
Vai ao insti en bici
ou andando, acaso non ves que estás contaminando!!!
•
As botellas de plastic
son máis baratas, pero os cartos non mercan a saúde!
•
Encho lavadora e
lavalouzas antes de poñelos a funcionar
•
Non tiro cousas ao
chan
•
Os alimentos mellor a
granel, non envasados
Agora só
queda ver o resultado final, unha vez colocadas as nosas propostas nos chanzos
das escaleiras do hall... xa volas ensinaremos
No hay comentarios:
Publicar un comentario