sábado, 29 de abril de 2023

DÍA DOLIBRO 2023- VIGO, PORTO E COIMBRA

O día 23 de Abril, o noso alumnado do club de lectura argallantes das letras comezou a tradicional viaxe do Día do Libro. Planificamos unha bonita ruta polas cidades de Vigo, Porto e Coimbra.

Día 1                                             

Pola mañá visitaron o Museo Municipal de Vigo “Palacio de Quiñones de León” onde gozaron da Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e puideron ver a exposición "Nos vieiros da arte". Tamén percorreron a Casa da Cultura Galega, na que contemplaron a exposición "60 pezas para 60 anos", colección da Fundación Penzol .



    



Tralo xantar, puxeron rumbo cara a emblemática cidade de Porto 
e realizaron un agradable paseo  polos Cais da Ribeira ata a hora da cea.






Moita ilusión entre a rapazada, que levaba meses esperando por esta viaxe !!!




                                                                 


Día 2

Pola mañá, nada máis almorzar, encontráronse co guía para realizar unha visita panorámica camiñando polo centro de Porto. Gustolles moito o percorrido pola Ribeira, chegando ata a Catedral, e logo ata a estación de Sao Bento onde puideron contemplar o fermoso vestíbulo dos azulexos.



Continuaron cun percorrido pola estrada e a beira do río Douro ata chegar ao Castelo de Queijo en Matosinhos.

Tralo xantar,  tiveron o privilexio de gozar do Cruceiro das Sete Pontes polo río Douro, rematando a xornada lendo no Jardim do Morro,  en Vila Nova de Gaia, as Fábulas Imorais de José Alberto Braga.


Foi un día  intenso e tocaba descansar e repoñer forzas para continuar a viaxe o día seguinte cara a Coimbra!!!

   Día 3

Dedicaron o día a percorrer a bonita cidade de Coimbra, visitando a súa Catedral e a emblemática Universidade. Nesta última, impresionaban as salas de Armas, a dos Capelos e a do Examen Privado, e por suposto  a  maxestosa Biblioteca Joaninha.

 



Pola tarde, continuaron en Coimbra, e visitaron o parque temático de Portugal dos Pequeninos, que conta con reproducións a escala infantil dos monumentos máis representativos da historia e arquitectura portuguesa.


Entre os recunchos destes edificios realizaron a lectura continuada do libro Fábulas Imorais que comezaron o día anterior en Porto.


                                                                         Día 4

Chegou o remate desta fermosa viaxe ao veciño Portugal!!

Despois de ter lido nos xardíns da cidade os libros escollidos para este ano, non podían marchar sen visitar a fermosa Livraria Lello, e mercar algúns exemplares en portugués.

 

Finalmente, para a súa sorpresa, o profesorado tiña feita unha reserva no famoso restaurante Hard Rock Café.

Temos que agradecer ao profesorado, María Alvariño, Diego Cebreiro, María Galdo, Elena García e Rebeca Gómez que fixeron posible un ano máis, que a cultura, a convivencia e a lectura nos acompañen na tradicional viaxe dos nosos Argallantes das Letras.


No hay comentarios: