Hoxe tanto desde o IES Plurilingüe Castro da Uz como desde o noso club de lectura "Argallantes das Letras" quixemos facer oír as nosas voces contra a violencia de xénero, xa que o sábado foi o 25N.
Toda a comunidade fixemos unha andaina solidaria para concienciar
sobre a violencia de xénero.
Logo, nas reunións dos clubs de lectura, limos uns
fragmentos de A Afogada de Rocío Leira que nos conmoveron e nos impactaron a
partes iguais. Valoramos e reflexionamos sobre a importancia de detectar os
comportamentos machistas, tóxicos e sexistas a tempo e de saber pedir axuda se
nos vemos envoltos nunha situación da que non sabemos saír. Podedes escoitar
parte deses fragmentos nas voces de Sergio e Sofía, alumnos de 4°.
No hay comentarios:
Publicar un comentario