martes, 16 de abril de 2024

INTERCAMBIO CLUBS DE LECTURA- IES NOSA SRA.OLLOS GRANDES

O pasado venres foi un día xenial para o alumnado pertencente ó noso club de lectura "Argallantes das Letras" en 3° ESO, xa que puidemos gozar da presencia na nosa vila e no noso centro do alumnado do club de lectura do IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes.

Cando chegaron, fixeron un xogo de pistas na nosa biblio inspirado no libro de lectura que lemos en conxunto "Tres Catorce Dezaséis" de Rocío Leira. Logo, compartimos unha merenda para coller folgos e dirixirnos a un roteiro pola vila de As Pontes.

A parada principal fixémola no lago xa que tiñamos que aproveitar o sol e as boas temperaturas. Alí compartimos uns momentos moi agradables intercambiando tamén información sobre puntos de referencia da nosa vila como o propio lago, a central, o cine ALOVI, etc.

Que pracer foi compartir este día con vós!! Quédanos pendente a nosa visita 

      
                           

No hay comentarios: