sábado, 5 de julio de 2025

COMPARTIMOS LECTURA COS NOSOS MAIORES

No marco da celebración o pasado mes das Letras Galegas, fomos invitados á residencia xeriátrica A Magdalena para pasar unha mañá do máis entretida cos nosos maiores. 

Alí lemos unha escolma de relatos populares e tradicionais galegos mentres que os residentes da Magdalena nos agasallaron cunhas rimas e poemas moi divertidos. Coa nosa profesora de música, Ana Puente, preparamos as cancións de "Pousa pousa" e "A Rianxeira", coas que sabiamos que a festa ía triunfar. Ata nos vestimos para a ocasión! Unha vez armada a troula, bailamos, rimos e comimos uns petiscos. 

Sen dúbida, unha experiencia para repetir! Vímonos co corazón cheíño de amor e tenrura!


No hay comentarios: