sábado, 5 de julio de 2025

NOVOS XOGOS FEMINISTAS

Presentámosvos os novos xogos que temos á vosa disposición na biblio, un agasallo da Concellería da Área de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación do concello das Pontes. Fíxosenos entrega dos mesmos trala participación do noso alumnado no concurso de cartaces proposto para o 25N, do que saíron gañadoras Silvia Calvo e Sara López; e primeiro finalista, Daniel Peña. 

Agardamos que, a través desta natureza lúdica, consigamos coñecer máis sobre o feminismo, figuras lave, como romper os roles de xénero ou antídotos que podemos empregar contra o machismo. 

Quen se anima a unhas partidiñas? 



No hay comentarios: