🔊 Primeira actividade do Equipo de Biblioteca 25/26!
Na semana do 13 ao 17 de outubro lembramos ás mulleres que escribiron obras que hoxe nós podemos desfrutar. Por iso, propoñemos coñecelas e achegarnos á súa vida e obra a través de biografías sorpresa que deberedes de crear seguindo as instrucións da mesa a carón dos ordenadores. Estes tamén vos servirán de ferramenta para buscar as informacións que precisedes.
Axúdasnos a coñecelas? 🔍📑


No hay comentarios:
Publicar un comentario