Ao longo do mes de decembro, os argallantes adicaron parte do seus leceres a desfrutar da realización dunha serie de manualidades para axudar ao Equipo de Biblioteca a decorar o noso espazo de cara á última semana do trimestre, na que nos vestimos e adornamos seguindo uns retos de Nadal propostos para todo o IES. Asà pois, elaboramos postais, bonecos de Nadal, elementos para o photocall e colocamos un elfo á entrada e unha tea de Nadal ao fondo, que serviu como espazo fotográfico.
Queremos facer unha mención especial para o alumnado e profesorado do ciclo de Soldadura e CaldeirarÃa, que nos agasallou cun buzón xa decorado para o Nadal, onde o noso alumnado enviou as postais que foi elaborando.
Grazas a toda a comunidade educativa por colaborar para poñer a punto a biblioteca para celebrar o Nadal! Aquà vos deixamos algunhas imaxes do proceso e o desfrute dos argallantes! 🎅🎄🎉
Decorando a biblio Buzón elaborado en Soldadura Unha das nosas "argalladas"
Desfrutando no noso photocall de Nadal!



.jpg)




No hay comentarios:
Publicar un comentario