O 30 de xaneiro todo o centro lembrou a necesidade de pedir que no mundo reine a PAZ.
Aquí tedes o debuxo que fixo Paula (1ºESO)
O
grupo de contacontos dos “Argalleir@s das letras” compartimos as nosas
historias cos nenos e nenas do CEIP de Xermade. Nós intentamos transmitirlles a
necesidade de vivir nun mundo no que reine a PAZ dun xeito divertido e facendo
que eles e elas fosen os protagonistas das nosas historias. Creo que o conseguimos porque Sheila,
Cristina, Carla, Icía, Borja, Aarón,
Andrea M., Sara C. Álvaro, Sabela, Elvira e Sofía puxemos o mellor de nós,
arrincámoslles sorrisos e viaxamos con eles e elas da man da fantasía.
Fixádevos.
Ante un numeroso público comezamos |
Álvaro arrincoulles sorrisos a tod@s @s nen@s e a nós. |
Sheila ensinoulles a plantar a árbore da PAZ. |
Borja e Andrea co seu conto. |
Aarón argallando a súa historia. |
Debuxando ilusións. |
Agora para pechar esta entrada deixámosvos con outro texto, desta vez a autora é unha compañeira de 4ºESO.
A
PAZ é un estado de ben estar onde non hai enfrontamentos nin loitas. Para conseguilo debemos comezar pola nosa PAZ
interior, é dicir, sentirnos cómodos e satisfeitos cos nosos esforzos e logros
diarios. As nosas satisfaccións fannos máis tolerantes á hora de relacionarnos
cos demais. Se usamos o respecto e a tolerancia poderiamos chegar a falar da PAZ mundial e evitariamos todas
as loitas de poder que conducen a guerras, discriminacións por raza, condición
social...
Debemos
potenciar dende a infancia, pasando por todas as etapas da vida, a comprensión
e o diálogo para saber afrontar calquera situación que leve a discusións.
En
definitiva, a nosa propia felicidade teriamos que transmitírllela aos demais e
crear xuntos un mundo de comprensión e ben estar social.
Silvia
Balseiro, 4ºESO
QUE A PAZ MOVA OS VOSOS CORAZÓNS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario