O pasado martes, os argalleiros e argalleiras das letras tivemos o pracer
de ter connosco a CARLOS NEGRO, un dos poetas galegos actuais, ao cal
sorprendemos cunha entrevista para radio RAS.
"A SENSIBILIDADE. Son
persoas encantadoras, alegres, desinteresadas, incansables, amantes da vida, das emocións, do bo gusto, e
mesmo dos problemas. Son apaixonadas, emocionais (dóciles ou independentes), boas
compañeiras e non esquecen. A
SÚA COR: GRIS CLARA".
Comezou a explicar poemas das
suas obras. Para facilitarnos a comprensión e facelo máis divertido botou man a recursos como bonecas para escenificar poemas
de Penúltimas Tendencias ou facer un rap cun poema de Makinaria.
Tivemos un
final moi doce, xa que nos definiu a poesía cun poema do poeta vasco Kirmen Uribe, mentres nos deu
a saborear unha onza de chocolate negro: “Un poema é unha onza de chocolate :
pequeno, escuro e o máis bo do mundo”.
Gustounos
moito porque nos explicou a poesía dunha maneira orixinal e divertida que fixo que
estiveramos atentos todo o tempo.
Leticia Carballeira, Argalleira das letras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario