viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAIN E MAGOSTO


             

Comezamos as actividades relacionadas co Club de Lectura para o curso 2020-2021.

Este curso estamos a atopar moitas dificultades para poder realizar actividades de todo tipo, pero a pandemia non vai poder con nós e, dende o Club de Lectura xa estamos a poñernos en marcha.


E como non podía ser doutro modo, comezamos cunha festa dobre "SAMAIN" e "MAGOSTO", cultura e tradición, creación artística e gastronomía!

Comezamos traendo as nosas cabazas decoradas. Aquí vos deixamos unha mostra. Auténticas obras de arte!!!










Por suposto non poden faltar as cestas de outono. Mirade que chulas!



Ademais, non podía faltar o noso concurso de "Curtos de terror", con participación de alumnado de ESO e FP Básica.


Todas estas actividades tiveron premios variados, como vales regalo en Libraría Xandra, agasallos proporcionados por ANPA Ronsel, ou vales de bocatas na cafetería do insti.

Para rematar, ANPA Ronsel convidounos a ricas castañas, augas e batidos, que xunto cus estupendos bolos preñados, conseguiron facer deste día, marcado pola pandemia, nun día de festa. Iso si, tivemos que facelo con moita cabeciña, por grupos e en zonas e horas diferentes. 

Pero o que algo quere, algo lle custa!!!







No hay comentarios: