Toda a comunidade educativa concentrouse no pavillón e dous nenos e dúas
nenas leron poemas de diferentes autoras entre as que se atopaba Xela Arias.
Ademais unha representación do alumnado de 4º de ESO participou no encontro
que tivo lugar no concello e no que se rexeitaba de novo esta lacra da nosa
sociedade.
Todo o alumnado de ESO foi agasallado polo concello das Pontes cunha
fermosa cunca reivindicativa. Grazas pola vosa implicación!!
LoitaPolaIgualdade!!!
O primeiro golpe é o que máis doe,
o que sinala e debilita,
o que marca o epicentro
e orixina as fendas.
Mª
Carmen Caramés Gorgal, Dos días escuros (Xerais, 2015)
-----------------------------------------------------------------------
Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei
moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química
das quimeras
rocei un xeito de delincuencia
xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán
das narracións para o ano en que
nacín.
Xela Arias, Darío a
diario (1996)
-----------------------------------------------------------------------
Estoy tejiendo para mi nieta alas de amor infinito.
Mi abuela creció sin madre y no la
enseñaron a leer para evitar cartas con pretendientes.
Mi madre lloró; no la dejaron acabar
magisterio porque sus hermanos varones no querían estudiar y una mujer no podía
ser más.
Mi hermana y yo somos universitarias.
Mi hija quiere ir a Marte.
Mi nieta aún no existe, pero yo sigo
tejiendo para ella alas sin fronteras.
Mª José García Pérez, Del XIX al XXI
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a ter ver ti a ti desde ti en ti.
Xela Arias,
-----------------------------------------------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario