martes, 10 de mayo de 2022

DÍA DO LIBRO 2022- SALAMANCA, TOLEDO E CONSUEGRA


Despois de dous longos anos de pandemia, os nosos argalleiros e argalleiras das letras puideron retomar a tradicional Viaxe do Día do Libro. Planificamos unha bonita ruta por Toledo, Salamanca e os Muiños de Consuegra.

Día 1:

No primeiro día visitamos a maxestuosa cidade de Toledo na que descubrimos os segredos que encerra a súa Catedral, o Monasterio de San Juan de los Reyes, a Porta da Bisagra e o cadro do Enterro do Conde Orgaz na Iglesia de Santo Tomé entre outros...

Moitas horas de viaxe, aínda que mereceron a pena!!!


  
  

Día 2: 

Visita ao Parque Puy Du Fou en Toledo onde puideron gozar de magníficos espectáculos como "A Pluma y Espada", "El Último Cantar", " Allende la Mar Océana" e "Cetrería de Reyes". En esencia, un lugar no que mundos e épocas que se daban por esquecidos atoparon o seu refuxio!!!









Día 3: 

DIA DO LIBRO: Como non podía ser doutro modo, comezamos o día lendo. Continuamos co libro escollido  para este ano, "Retrincos" de Castelao.

 

Despois saímos cara Consuegra onde visitamos os característicos muiños e o Castelo. 

 

 

Na sala capitular do castelo lemos uns capítulos do QUIJOTE.

 

 De camiño a Salamanca fixemos parada técnica en Ávila.


Día 4: 

Este día intenso dedicámolo a percorrer e coñecer Salamanca.

A nosa guía ensinounos lugares da cidade que dificilmente esqueceremos: Igrexa de San Martiño, Casa das Cunchas, Catedral, onde fomos quen de atopar figuras como o astronauta, lince, cangarexo...

Despois paseamos polo barrio xudeo e para o final... A Universidade, coa súa fachada, aula orixinal, a Aula Magna, praraninfo, capela, biblioteca...














 

 



Para rematar, tivemos o pracer de continuar a lectura do libro deste ano nada menos que na Aula de Miguel de Unamuno.



Sen dúbida unha viaxe inesquecíbel!!!!!

No hay comentarios: