Intercambiamos impresións sobre a novela e fixémoslle moitas preguntas sobre o que supón ser escritora e todo o labor asociado. Quedamos marabillados cas súas verbas e as súas reflexións. Finalmente, puidemos achegarnos a ela de xeito máis individualizado para que nos asinara e adicara a súa obra.
Ánxela, foi un pracer a túa visita. Agardámoste de novo para próximas reunións. Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario