Damos por rematada a conmemoración das Letras Galegas 2025 que homenaxearon ás cantareiras. Nela, tivemos varias actividades que recordaron a súa inestimable contribución ás nosas letras, cantares e tradición:
- Obradoiros onde partimos da explicación e achegamento á figura das cantareiras para vinculalas ca máis moderna preservación na voz de cancións de Tanxugueiras ou Fillas de Cassandra. Comparamos ritmos, rimas, temáticas... e descubrimos que o tesouro da tradición segue a verse nos festivais e listas de reprodución máis actuais.
- Xogamos coa 3D de Polos Creativos para elaborar esta pandeireta representativa das Letras Galegas 2025.
- Tivemos outro obradoiro, impartido por Nuria Vil, que nos axudou a seguir afondando na poesía da forma máis creativa, levándoa á oralidade. Con ela, limos antigas de aviso, picantes e de foliada, pero logo tivemos que crear as nosas propias cuns pequenos truquiños que nos deu.
- O alumnado de 4ºESO de Expresión Artística tamén quixo colaborar, poñendo todo o seu empeño nese símbolo da pandeireta. Adornadas e con cores e coplas, algunhas ata se daban xeito para seren tocadas!
E con todo isto...
Vou a dala despedida
como a dan os labradores
adiós caravel e rosa
adiós ramiño de flores!
No hay comentarios:
Publicar un comentario