martes, 24 de noviembre de 2009

Coñecemos a nosa biblioteca xogando

Día das Bibliotecas: 20 de outubro

Na semana do 19 ao 23 de outubro achegamos este espazo aos rapaces e adultos (Módulo 1 e 3 da ESPA) do noso centro. A través dun xogo cooperativo, foron desenvolvendo, en grupo, as súas destrezas como detectives. Investigaron onde se atopaban determinados libros ou información sobre algún contido croncreto (arte, xeografía...)



Resultou unha actividade entretida, divertida e moi educativa. O noso alumnado aprendeu moito. Destacaría o entusiasmo e a tensión coa que participaron no xogo os alumnos da ESPA.

Aquí vos achegamos algunhas mostras:




- Cal é a medida do cadro El grito de Munch?
- E serán 3x3?
- 9 cm ou m?





- Quen come cus cus?
- Eu non.






- Onde andará o río Arnoia?
- Francia, Lugo...
- Xa o pillei, Allariz.
- Xa o dicía eu Ourense.


No hay comentarios: