Quen é Antonio Reigosa?
Naceu en Zoñán, Mondoñedo en 1958.
Traballa no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo desde 1982.
É escritor, conferenciante, investigador da mitoloxía e da literatura oral galega, colabora con traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.
Cofundador de "Chaira", Grupo de Investigación Etnográfica (Lugo 1992), do que tamén forman parte Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Xoán R. Cuba, con campañas de recollida de literatura oral en distintos concellos da provincia de Lugo. Ponente en numerosas xornadas e congresos. Participa en campañas de promoción da lectura nos centros de ensino, bibliotecas e asociacións culturais.
Creador e coordinador de contidos da Enciclopedia Virtual da Fantasía popular de Galicia denominada Galicia Encantada (http://www.galiciaencantada.com/).
Recibiu, entre outros, os seguintes premios: Certame Nacional de Artes e Tradicións populares do Ministerio de Cultura (1987), o Facho (1989), o Premio Merlín (1998), Premio Supernova (1999), Premio Raíña Lupa (2000), Lucense do Ano (2002), Premio Frei Martín Sarmiento (2005); e foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil o ano 1999 con "Memorias dun raposo", e do Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria o ano 2004 con "Pesadelos".
Tamén é moi interesante o seu blog: DIARIO DUN TRASLIDO, ademais nel atoparedes moitas ligazóns interesantes.

Damos as grazas a Antonio Reigosa pola a súa presenza connosco, por compartir a súa paixón polos mitos, monstros, lendas... da nosa cultura popular galega.
Aquí tedes algúns momentos da súa intervención:

Que vos pareceu a súa conferencia? Deixade os vosos comentarios. Moitas grazas.
Tamén podedes achegar lendas, mitos ou o que queirades relacionado co tema...
No hay comentarios:
Publicar un comentario