miércoles, 21 de abril de 2010

Viaxe a Porto

Día do Libro
O Club de Lectura e algúns alumnos e alumnas máis marchamos a Porto, mañá xoves 22 de abril para celebrar o día do libro (23 abril) facendo unha lectura continuada na librería "Lello e irmao". Iremos cos nosos compañeiros do CPI Castro Baxoi de Miño.




O libro que imos ler é Seda de Alessandro Baricco

Deixamos mostra da nosa estadía en Porto:
(...)

O incansable traballo, realizado polos alumnos no camiño de volta, deu o seu froito cun fermoso poema, coas palabras que cada quen escolleu na lectura do seu fragmento.
O vento mece os teus cabelos de seda
que forman a encrucillada dos fíos da vida
e son ardentes caricias dos teus exóticos beizos.
Lendas do pasado
percorren illas
nas que os cabalos galopan
ao solpor do atardecer
e os ollos alumean na escura noite
facendo sorrir a lúa
cando sente o "paso español".

Perdida na inmensidade do bosque,
baixo un ceo laranxa,
pode sentirse a túa maxia
que destrúe as escuras sombras
de misas negras,
de negocios turbios...
O teu colar de flores,
unido polos elos do noso amor,
fixarase con tinta
nun derradeiro soñar.

E volvín sentir aquela man
da rapaza dos cabelos de seda
na fermosa cidade de Porto
e volvín recordar aquel balbordo de ás
dos revoltosos paxaros
que me facían pensar en milleiros de cores,
como o brillo das onzas
nas mans de absurdos contrabandistas
con guantes de seda.

O melódico son das campaíñas
rompía o frío xeo,
abrindo a porta a un labirinto de sentimentos
nunha inesperada viaxe ao teu lado,
chea de promesas devecidas.

Entregareiche o meu sexo
e será teu para sempre,
home dos meus soños!

O vento... susurra o teu nome.

Nas augas cristalinas
refíctese a trastenda dos sentimentos.
De forma inexplicable,
síntome soa
como as rosas murchas
nas rúas de París.

A túa última palabra, a túa decisión,
cinzas dunha carta...

Eu sigo tecendo os fíos da vida, mais agora os meus pasos camiñan sós.

Irremediable adeus!

Infelicidade eterna!

Pintura de Cris, Nuria e Estefanía (2º BAC)

Moitas grazas polo voso poema! Tamén pola vosa pintura!

No hay comentarios: