Logo de coñecer as predicións meteorolóxicas, que auguraban treboadas, mar brava... para a nosa travesía, decidimos desatracar sabendo que dende terra o "extinto" grupo de biblioteca - Celia, Cris, Manuel, Elena, Rosalba, José Antonio- estaría atento para botar un cabo antes de que fose emitido un sinal de SOS por parte dos pasaxeiros. Coa súa forza, gañas, ilusión, traballo e altruísmo iniciamos a viaxe. Unha viaxe que comeza triste ao ter que deixar pechada a biblioteca por falta de tripulantes -ou iso é o que din-. Só abrirá catro horas distribuídas en oito recreos para poder manter o préstamo e devolución e permitir que os usuarios poidan acceder a un espazo que se creou por e para eles e elas.
Así decidimos emprender a marcha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario