sábado, 6 de noviembre de 2010

Non hai día que non aprendamos algo novo.

Por ter a sorte de ser unha areíña máis nese grande areal formado polas bibliotecas escolares galegas, alá polo mes de xuño -cremos recordar- tivemos que cubrir unha enquisa, e mira ti por onde, o que comezou sendo algo burocrático... rematou nunha "complicidade".




Moitos alumnos e alumnas estaban na biblioteca cando andabamos facendo ese traballo e padecían o noso estado de ánimo. Aproveitamos a súa presenza para compartir algunhas preguntas. Unha delas deunos pé para facer o traballo que acometemos nada máis empezar o curso: A SINALIZACIÓN DA BIBLIOTECA.
Grazas ás súas ideas e colaboración conseguimos que no mes de outubro -mes das bibliotecas- a nosa estivese SINALIZADA. Coa axuda de Cris e dos alumnos e alumnas de 4ºESO, e despois de moitas discusións polo deseño, cambios obrigados por cuestións económicas... conseguimos o que vos imos amosar.
Empregando as cores da CDU deseñaron un camiño que partira de todas as aulas -respectando as cores que lle correspondían- e chegase á biblioteca. Non vexades as contas que tiveron que facer para contar os cadrados que había para cada cor... Pensade no que pasaría pola mente de toda a comunidade educativa cando saían das aulas e vían só cadradiños de cores...Grazas a todos e todas os que fixeron posible este traballo.

Logo houbo que pensar como converxían eses camiños nos descansos e na entrada do centro. Chegounos a "iluminación", coma sempre. ¡ Que mellor que aproveitar o noso ex-libris para que, cun fondo de cores coñecidas, fose dando pistas!
Aí vai a mostra final.










Axudando un pouquiño Un descanso merecido.

No hay comentarios: