miércoles, 17 de noviembre de 2010

Rematamos Vento do norte

Ola, son Manuel, un dos cordinadores do club de lectura de cómic. Onte rematamos Vento do Norte. As primeiras sesións foron moi desordenadas, xa que somos moitos neste club e foi case imposible conseguir que todos os membros viñeran ás reunións "cos deberes feitos" debido á escaseza de exemplares.




Na miña opinión, este cómic autoconclusivo cumpriu as expectativas esperadas; a ambientación postapocalíptica, aínda que bastante suave, é moi boa, xa que a cor de fondo das viñetas e o debuxo realizado con cores frías venlle que nin pintado. A historia resulta bastante típica e predicible pero é das que enganchan á primeira e penso que debía exprimirse máis, alongando así a serie, aínda que o final pode dar pé a unha continuación.
E agora unhas viñetas elixidas por Brais, Adrián e Álvaro porque son impactantes e realistas.



Se lestes este cómic podedes achegarnos algúns comentarios.
Ata pronto.

No hay comentarios: