lunes, 27 de diciembre de 2010

ELIXIMOS O LOGO DOS OBRADOIROS LITERARIOS

Os argalleiros e argalleiras de 4ºESO deseñaron os seguintes logos para identificar ao seu-noso- club de lectura.






Logo dun período de reflexión decidiuse "democraticamente" que o logo gañador fora o realizado por Natalia.

Como veredes emprega a bolboreta -ex-libris da biblioteca- e recorda o camiño que conduce dende todas as aulas, dende todos os puntos do centro á biblioteca, lugar onde nos reunimos todos os martes e venres os argalleiros das letras.
Con este logo pensamos realizar chapas e lapis para repartir entre todos os membros dos clubs de lectura e agasallar a aqueles e aquelas que compartan con nós o pracer que supón a lectura.
Moitas grazas a todos e todas os/as que realizastes os logos e, en especial, á gañadora Natalia Martínez Montero.

No hay comentarios: