Estes contos, como eles din: "están cheos de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen: as nosas mans abertas."
Brais e Marta contaron as súas historias acompañados pola guitarra e laúde árabe para meternos aínda máis nas súas historias. Pero despois...
Despois chegaron os talleres. Distribuímonos en grupos (un con Brais e outro con Marta) para recordar o necesario que é compartir, ser solidario...
¿Como cruzarían ata a outra beira do río todos e todas cando só hai un único recurso????
Grazas, Tropa de trapo.
Un desexo para Marta: que todo vaia ben e sigades sendo moito máis felices.
No hay comentarios:
Publicar un comentario