jueves, 10 de febrero de 2011

Fume

Na primeira sesión de Fume , Antón Fortes , Lucía foi a que a dirixiu porque asistira á presentación do libro e contounos que había que fixarse moito nas ilustracións e nas cores que Joanna Concejo realizara.





Fixámonos na portada e na contraportada e achegamos un posible significado do título.
Nas outras sesións lemos entre todos e en voz alta a obra, ao rematar comezamos a falar da historia que conta Antón, de películas que trataban ese tema, doutros libros...
Agora o que desexamos é que o autor veña vernos para falar con el e que nos conte moitas historias interesantes. Que nos fale dos seus libros Caderno de animalista e do último Á sombra dos anacardios.
Manuel e Dani.

No hay comentarios: